Rumi
Poeta / From Wikipedia, the free encyclopedia
Jalāl ad-Dīn Muhammad Rūmī (en persa: جلالالدین محمد رومی), tamén coñecido como Jalāl ad-Dīn Muhammad Balkhī (en persa: جلالالدین محمد بلخى), Mawlānā/Mevlânâ (en persa: مولانا, "o noso mestre"), Mevlevî/Mawlawī (en persa: مولوی, "o meu mestre"), e máis popularmente coñecido como Rumi, nado en 1207 e finado o 17 de decembro de 1273, foi un poeta, xurista, mestre islámico, teólogo e místico sufí[2] persa[3][4] do século XIII. A influencia de Rumi transcendeu as fronteiras e as diferenzas étnicas: persas, taxicos, turcos, gregos capadocios, pashtuns, outros musulmáns de Asia central e os musulmáns de Asia Meridional apreciaron durante séculos o seu legado espiritual.[5] Os seus poemas foron traducidos a moitas linguas do mundo e traspostos en varios formatos. Rumi ten sido descrito como o "máis popular poeta"[6] e o "poeta que mellor vende" nos Estados Unidos.[7][8]
Estatua de Rumi en Buca, Esmirna, Turquía. | |
Nome orixinal | (fa) جلالالدین مُحمَّد بلخی |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1207 Vakhsh[1] ou Balkh, Imperio Corasmio |
Morte | 17 de decembro de 1273 (65-66 anos) Konya Sultanato do Rum |
Lugar de sepultura | Museu Mevlana (pt) Yeşil Türbe (en) |
Datos persoais | |
Relixión | islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía islámica e Sufismo |
Ocupación | poeta , filósofo , místico , letrado , ulema , escritor , teólogo |
Período de actividade | Idade de Ouro do islam |
Xénero artístico | Poesía |
Profesores | Baha ud-Din Walad (en) e Burhanuddin Tirmizi (en) |
Alumnos | Pervâne (en) e Husam al-Din Chalabi (en) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | خاموش |
Lingua | Lingua persa, árabe, Old Anatolian Turkish (en) e Grego medieval (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Gawhar Khatun |
Fillos | Sultan Walad (en) |
Pai | Baha ud-Din Walad (en) |
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |