Rogier van der Weyden
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rogier van der Weyden (tamén chamado Rogier de la Pasture,[1] tradución francesa exacta do seu nome) nado en Tournai, ca. 1399/1400 e finado en Bruxelas, o 18 de xuño 1464, foi un pintor flamengo que formou parte do movemento dos primitivos flamengos, discípulo de Robert Campin e contemporáneo de Jan van Eyck; el e van Eyck, dende diferentes perspectivas, foron os responsábeis do desenvolvemento da escola flamenga do século XV aínda quen o considera o pintor máis influínte so século XV.[2]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Roger de le Pasture 1399 ↔ 1400 Tournai (Reino de Francia) |
Morte | 18 de xuño de 1464 (64/74 anos) Bruxelas (Países Baixos borgoñóns) |
Lugar de sepultura | Catedral de St. Michael e St. Gudula (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Países Baixos borgoñóns |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Italia (1450 (Gregoriano)–1455 (Gregoriano)) Bruxelas (1435 (Gregoriano)–1464 (Gregoriano)) Tournai (1432 (Gregoriano)–1435 (Gregoriano)) Tournai (1427 (Gregoriano)–1432 (Gregoriano)) Ferrara Nápoles Xénova Roma |
Ocupación | pintor , iluminador , debuxante arquitectónico |
Xénero artístico | Pintura relixiosa, retrato, Natureza morta e Pintura de historia |
Movemento | Pintura flamenga primitiva |
Catálogo crítico | Rogier van der Weyden (en) (1999) |
Profesores | Robert Campin |
Alumnos | Hans Memling |
Obra | |
Obras destacables
| |
Foi pintor oficial da cidade de Bruxelas e da Casa de Este e a súa obra consistiu, por unha banda, principalmente en retratos de personaxes e mandatarios da corte de Borgoña, e por outra, en pintura relixiosa que en moitos casos foron trípticos e polípticos de grandes dimensións.