Pittsburgh Penguins
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Pittsburgh Penguins son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pittsburgh, Pennsylvania (Estados Unidos). Os Pinguins compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrados na Metropolitan Division da Conferencia Leste. Dende o 2010 o equipo xoga os seus partidos como local no Consol Energy Center, logo de ter xogado a maior parte da súa historia no Mellon Arena . O equipo gañou a Stanley Cup en catro ocasións, a última delas en 2016, ademais de gañar unha vez o Presidents' Trophy, cinco o Prince of Wales Trophy e finalizar oito veces como campión da súa división.
Pittsburgh Penguins | |
---|---|
Fundación | 1967 |
Cidade | Pittsburgh, Pennsylvania Estados Unidos |
Estadio | Consol Energy Center (18.387 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Metropolitan |
Campionatos | 4 |
Propietario(s) | Mario Lemieux Ron Burkle |
Director | Jim Rutherford |
Adestrador | Mike Sullivan |
Afiliado(s) | Wilkes-Barre/Scranton Penguins (AHL) Wheeling Nailers (ECHL) |
Cores | Negro, branco, ouro Pittsburgh[1] |
Na rede | |
http://penguins.nhl.com/ | |
Os Penguins creáronse en 1967 como equipo de expansión, tomando parte na NHL na tempada 1967-68 xunto con outros cinco novos equipos: Minnesota North Stars, Los Angeles Kings, California Seals, Philadelphia Flyers e St. Louis Blues. Dende a súa primeira tempada (1967-68), os Penguins teñen disputado cinco veces a final da Stanley Cup, conseguindo o campionato en tres desas ocasión (1991, 1992, 2009). Os seus rivais históricos son os seus veciños Philadelphia Flyers, aos que se enfrontaron en seis ocasións nos play-offs, cun resultado de catro eliminatorias a favor dos Flyers por dúas para os Pens.
En torno a setecentos xogadores diferentes teñen vestido as cores dos Penguins dende os inicios do equipo,[2] aínda que tan só 10 xogadores forman parte do Hockey Hall of Fame. Este é o caso de: Mario Lemieux (xogador con máis partidos xogados, goles, asistencias e puntos da historia do equipo), que dende 1999 é un dos propietarios do equipo.[3] O cadro de xogadores actual está adestrado por Mike Sullivan e está capitaneado polo canadense Sidney Crosby.