Piruvato descarboxilase
From Wikipedia, the free encyclopedia
A piruvato descarboxilase é un encima homotetrámero (EC 4.1.1.1) que cataliza a descarboxilación do ácido pirúvico a acetaldehido e dióxido de carbono no citoplasma de procariotas e eucariotas. Tamén se denomina 2-oxoácido carboxilase, alfa-cetoácido carboxilase e pirúvico descarboxilase.[1] En condicións anaerobias este encima intervén no proceso de fermentación alcohólica que ten lugar nos lévedos, especialmente nos do xénero Saccharomyces, para producir etanol e CO2. Tamén está presente nalgunhas especies de peixes, como a carpa vermella e a carpa común, nas que permite que o animal realice a fermentación alcohólica (xunto coa fermentación láctica) cando escasea o oxíxeno.[2] A piruvato descarboxilase inicia este proceso convertendo o piruvato en acetaldehido e dióxido de carbono.[3] A piruvato descarboxilase depende dos cofactores pirofosfato de tiamina (TPP) e magnesio.
Piruvato descarboxilase | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tetrámero da piruvato descarbolxilase. | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Número EC | 4.1.1.1 | ||||||||
Número CAS | 9001-04-1 | ||||||||
Bases de datos | |||||||||
IntEnz | vista de IntEnz | ||||||||
BRENDA | entrada de BRENDA | ||||||||
ExPASy | vista de NiceZyme | ||||||||
KEGG | entrada de KEGG | ||||||||
MetaCyc | vía metabólica | ||||||||
PRIAM | perfil | ||||||||
Estruturas PDB | RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum | ||||||||
Gene Ontology | AmiGO / EGO | ||||||||
|
O encima piruvato carboxilase (unha liase) intervén na fermentación formando acetaldehido, e non debe confundirse co encima non relacionado piruvato deshidroxenase, que é unha oxidorredutase (EC 1.2.4.1) que cataliza a descarboxilación oxidativa do piruvato a acetil-CoA, o cal se incorpora ao ciclo de Krebs durante a respiración celular. Tampouco debe confundirse coa piruvato carboxilase mitocondrial (unha ligase, EC 6.4.1.1).