Pendente (arquitectura)
elemento arquitectónico en forma de cuncha para soportar unha cúpula / From Wikipedia, the free encyclopedia
* Para o elemento estrutural véxase Cuncha (estrutura).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pendente.
Unha pendente[1], tamén chamada cuncha[2], é en arquitectura cada un dos elementos construtivos triangulares que resolve o encontro entre a base circular dunha cúpula e un espazo inferior cadrado. Ten unha superficie esférica triangular limitada por tres arcos de circunferencia.
Este recurso arquitectónico comezou a utilizarse en Bizancio no século VI. Un dos edificios máis destacados que utiliza este tipo de soporte para a súa cúpula é a igrexa de Santa Sofía en Constantinopla.