Pasodobre
xénero musical e de baile español / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pasodobre é un baile de parella de orixe española e militar, que presenta un ritmo alegre e vivo[1]. O termo refírese igualmente á forma musical festeira, curta, executada normalmente pola rúa polas bandas de música e que provén dos desfiles militares. Ten ritmo binario, para poder camiñar mestres se executa. A súa velocidade é de 120 negras por minuto. Ten melodías ledas e carácter típico da música española.[2]
É unha forma que só se dá en España, e que forma parte do seu folclore, sendo moi común no País Valenciano. O pasodobre popularizouse tamén nas festas de Galicia no século XX proveniente doutras zonas de España. A mesma cantiga popular galega d'A Carolina ten ritmo de pasodobre, polo que se pensa que a súa orixe non sería en realidade galega, pois se afasta dos sons galegos propios tradicionais.