Oso panda
especie de mamífero / From Wikipedia, the free encyclopedia
O oso panda[2] ou panda xigante (Ailuropoda melanoleuca) é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e, malia que hai unha salientable controversia ó respecto, os últimos estudos do seu ADN inclúeno entre os membros dos osos, sendo o Tremarctos ornatus suramericano o seu parente máis achegado. Por outra banda cabe dicir que o chamado panda menor ou panda vermello e o panda xigante non pertencen á mesma familia.
Oso panda Ailuropoda melanoleuca | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Panda xigante no zoo de Hong Kong | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Ailuropoda melanoleuca (David, 1869) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da especie | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
Natural da China central, o panda xigante vive en rexións montañosas das provincias de Sichuan e o Tíbet, ata unha altitude de 3.500 metros. Trátase dun animal en perigo de extinción. Segundo estatísticas de 2004 e 2005, hai uns 1.600 vivindo nas selvas e 188 en catividade, e estímase que a cantidade de individuos que viven en liberdade está en aumento.
O principal alimento do panda xigante é o bambú (un 99% da súa dieta), malia que tamén come froita, pequenos mamíferos, peixes e insectos. É un bo trepador, pero é raro velos subidos nas árbores. A súa adaptación á catividade é doada.