Nico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christa Päffgen, nada en Colonia o 16 de outubro de 1938 e finada en Eivisa o 18 de xullo de 1988, foi unha cantante, modelo e actriz alemá, máis coñecida como Nico. É célebre tanto pola súa colaboración co grupo musical The Velvet Underground como polo seu traballo como solista.
(1985) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Christa Päffgen 16 de outubro de 1938 Colonia, Alemaña |
Morte | 18 de xullo de 1988 (49 anos) Eivissa (España) |
Causa da morte | morte accidental, acidente de bicicleta (pt) |
Lugar de sepultura | Berlín Friedhof Grunewald-Forst (en) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Nico Christa Nico Nico Otzak |
País de nacionalidade | Alemaña |
Educación | Lee Strasberg Theatre and Film Institute (pt) |
Actividade | |
Ocupación | actriz , compositora , actriz de cinema , cantante , modelo , experimental musician (en) |
Período de actividade | 1954 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock |
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa, lingua francesa, lingua castelá e lingua italiana |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Harmonio, tambori (en) e voz |
Selo discográfico | Verve Records Elektra Records Beggars Banquet Records Island Records |
Familia | |
Parella | Philippe Garrel (pt) |
Fillos | Christian Aaron Boulogne (pt) |
|
Se ben é máis coñecida polo seu traballo musical, tamén tivo algúns papeis no cinema, incluíndo unha pequena aparición no filme Federico Fellini de 1960 La Dolce Vita. Foi ademais amiga achegada e colaboradora artística de Andy Warhol, polo que tamén actuou en varios dos seus filmes de arte experimental, especialmente en Chelsea Girls, que a inspirou para titular así o seu álbum de debut, Chelsea Girl.
Nico foi así mesmo asociada coa retórica nazi, antisemita e racista. Segundo Danny Fields, un recoñecido xornlista de Elektra Records, Nico atacou unha muller de raza negra berrando "odio a xente negra" logo de lanzalle unha copa de viño.[1]