Nervio (arquitectura)
Elemento arquitectónico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nervio ou nervadura é un elemento construtivo da arquitectura formado por un segmento de arco -con forma de moldura - que sae do intradorso dunha bóveda.[1] Ás veces, denomínase nervadura ao conxunto de nervios nunha bóveda gótica.[2]
Comezouse a empregar a partir do século XII cando se desenvolve a bóveda nervada ou de crucería.
Ao usar estes nervios, as cargas ou pesos concéntranse en lugares específicos de asentamento, permitindo apoiarse sobre columnas en lugar de caer sobre o propio muro. Isto redunda na posibilidade de abrir grandes ocos nas paredes permitindo unha maior luminosidade e lixeireza nos edificios.