Museo Ashmolean
museo inglés con sede en Oxford / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Museo Asmolean, formalmente: Museo Ashmolean de Arte e Arqueoloxía (en inglés: Ashmolean Museum of Art and Archaeology) sito na rúa Beaumont da cidade inglesa de Oxford, é o primeiro museo universitario do mundo, vinculado á Universidade de Oxford.[2][3]
Datos rápidos Museo Ashmolean Ashmolean Museum, País ...
Museo Ashmolean Ashmolean Museum | |
---|---|
Entrada do Museo Ashmolean | |
País | Reino Unido |
Cidade | Oxford |
Director | Alexander Sturgis |
Construción | 1683 |
Inauguración | 1685 |
Visitantes | 882.494 (2018)[1] |
Na rede | |
https://www.ashmolean.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
A súa primeira sede foi construída entre 1678 e 1683 para albergar o "gabinete de curiosidades" que Elias Ashmole lle doou á Universidade de Oxford en 1677. O edificio actual ergueuse entre 1841 e 1845.[3]
O museo reabriu as súas portas en 2009 logo dunha fonda renovación. En novembro de 2011 inauguráronse novas galerías especializadas no Antigo Exipto e en Nubia, e en maio de 2016 abríronse outras dedicadas á arte do século XIX.