Miofibrila
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha miofibrila[1][2] é unha estrutura contráctil que atravesa as células do tecido muscular e lles dá a capacidade de contracción e de elasticidade, a cal permite realizar os movementos característicos do músculo. As miofibrilas esténdense dun extremo a outro da fibra muscular (célula muscular), onde están agrupadas en feixes e formando sarcómeros.
Cada fibra muscular contén varios centos ou miles de miofibrilas. Cada miofibrila contén miofilamentos cuns 1.500 filamentos de miosina e 3.000 filamentos de actina. Estas son moléculas de proteínas polimerizadas das cales depende a contracción. Nas miofibrilas están presentes ademais as proteínas titina e outras que unen todos os compoñentes da miofibrila. A contracción muscular depende que os filamentos de actina e miosina se deslicen un sobre outro. A miosina é responsable de xerar a forza na contracción muscular e a actina actúa como "escada" sobre a que se desliza a actina.
O complexo proteico formado pola actina e a miosina denomínase ás veces actomiosina.[3]