Minotauro
criatura mitolóxica, con corpo de home e cabeza de touro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, o Minotauro[1] (en lingua grega "Touro de Minos") era unha criatura con corpo de home e cabeza de boi. Vivía no labirinto construído polo rei Minos de Creta e deseñado polo arquitecto Dédalo para manter encerrado o Minotauro. Finalmente foi morto polo heroe Teseo. Tamén era coñecido como Asterio ou Asterión, derivado do nome de Asterión, o pai adoptivo de Minos.