Michaela Coel
actriz, produtora, directora, cantante e guionista británica / From Wikipedia, the free encyclopedia
Michaela Ewuraba Boakye-Collinson, nada o 1 de outubro de 1987[1] en Londres, é unha actriz, guionista, directora, produtora e cantante británica máis coñecida profesionalmente como Michaela Coel.[2]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michaela-Moses Ewuraba O Boakye-Collinson 1 de outubro de 1987 (36 anos) Aldgate, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
Residencia | East London |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Guildhall School of Music and Drama (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación e dramaturxia |
Ocupación | actriz , escritora , actriz de cinema , dramaturga , guionista , produtora creadora |
Período de actividade | 2013 - |
Lingua | Lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
|
Pechar
Acadou recoñecemento por ser a creadora e a protagonista da serie de televisión da E4 Chewing Gum (2015–2017), coa que gañou o BAFTA á mellor actuación feminina en comedia;[3][4] e tamén pola serie da BBC One/HBO I May Destroy You (2020), pola que gañou o British Academy Television Awards á mellor actriz en 2021 e acadou catro candidaturas aos Premios Primetime Emmy.
Tamén é coñecida polo seu traballo noutras producións de Netflix, entre as que se inclúen Black Mirror (2016–2017), Black Earth Rising (2018) e o filme Been So Long (2018).