Mercedes-Benz Superdome
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mercedes-Benz Superdome, habitualmente coñecido como Superdome, é un recinto deportivo cuberto situado no Central Business District de Nova Orleáns, Luisiana (Estados Unidos). O seu uso principal é ser o estadio local dos New Orleans Saints da National Football League (NFL), así como acoller os partidos da Sugar Bowl e New Orleans Bowl de fútbol americano colexial. O estadio foi inaugurado o 3 de agosto de 1975 como o Louisiana Superdome, cun estilo arquitectónico modernista da firma Curtis and Davis. A súa estrutura de aceiro cobre unha superficie de 53.000 metros cadrados, tendo a cúpula, consistente nunha estrutura lamelar de múltiples aneis, un diámetro de 210 metros, facéndoa unha das cúpulas máis grandes do mundo.[1] O estadio é adxacente ao Smoothie King Center, sede dos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). O Superdome recibiu atención internacional no ano 2005 debido a que foi utilizado como refuxio durante o Furacán Katrina. De feito, o edificio recibiu múltiples danos como resultado da tempestade.
Mercedes-Benz Superdome | |
---|---|
Datos | |
Localización | Nova Orleáns, Estados Unidos |
Alcume | Superdome |
Nomes antigos | Louisiana Superdome (1975–2011) |
Construción | |
Construción | 12 de agosto de 1971 |
Inauguración | 3 de agosto de 1975 (48 anos) |
Arquitecto | Curtis and Davis Associated Edward B. Silverstein & Associates Nolan, Norman & Nolan |
Enxeñeiro | Sverdrup & Parcel |
Custo | $134 millóns |
Estadio | |
Superficie | UBU Speed Ser. S5-M Synthetic Turf |
Capacidade | 73.208 (ampliábel a 76.468) |
Asist. máxima | 73.373 (24/11 de 2014) Saints 27 - 34 Ravens |
Propietario | Louisiana Stadium/Expo District |
Operaradora | SMG |
Localía | New Orleans Saints (1975– ) New Orleans Jazz (1975–1979) |
Eventos | |
Super Bowl XII (1978), XV (1981), XX (1986), XXIV (1990), XXXI (1997), XXXVI (2002), XLVII (2013) |