Maui
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Maui (/ˈmaʊ.i/; Hawaiano: Modelo:IPA-haw)[1] é unha das Illas Hawai. Administrativamente forma parte do Condado de Maui do Estado de Hawai, xunto coas illas Lanai, a deshabitada Kahoolawe e Molokai. Cunha superficie total de 1.883 km² é a segunda illa máis grande do arquipélago, e cunha poboación de 144.444 habitantes (ano 2010) é a terceira illa máis poboada. Maui tamén é coñecida co sobrenome de Valley Isle polo fértil istmo entre os dous volcáns. Kahului é a maior cidade da illa cunha poboación de 26.337 (2020) e é o centro comercial e financeiro da illa.
Datos rápidos Situación, País ...
Maui | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Estado | Hawai |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 20°48′N 156°20′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 1.883´5 km² |
Longura máxima | 64 km. |
Largura máxima | 42 km. |
Punto máis alto | 3.055 m. Haleakalā |
Demografía | |
Capital | Kahului |
Poboación | 154.834 (2015-16) |
Densidade | 62´5 hab./km² |
Pechar
Segundo a lenda, a illa leva o nome do semideus Maui. Este heroe, coñecido en diferentes lugares da Polinesia, creou as illas pescándoas do fondo do mar.