Maria Prymachenko
artista ucraína / From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Oksentiyivna Prymachenko (ucraíno: Марія Оксентіївна Примаченко) nada en Bolotnia o 12 de xaneiro de 1909 (30 de decembro de 1908, segundo o calendario xuliano vixente entón) e finada no mesmo lugar o 18 agosto de 1997 foi unha pintora de arte folk, que cultivou o estilo de naíf. Artista autodidacta, adicouse á pintura, bordado e cerámica.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1908 Bolotnia, Ucraína (en) |
Morte | 18 de agosto de 1997 (89 anos) Bolotnia, Ucraína (en) |
Lugar de sepultura | Bolotnia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética República Socialista Soviética de Ucraína República Popular de Ucraína Ucraína |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Ocupación | pintora , debuxante , artista visual |
Membro de | |
Movemento | Arte Naïf |
Lingua | Lingua ucraína |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Fedir Prymachenko (en) |
Premios | |
Páxina web | prymachenko.in.ua |
Pechar
En 1966, Prymachenko foi galardoada co Premio Nacional de Ucraína Taras Shevchenko e a UNESCO declarou o 2009 como o ano de Prymachenko. Unha rúa en Kíiv e un planetoide foron bautizados co seu nome. Tamén foi recoñecida por autores como Marc Chagall ou Pablo Picasso, quen, logo de visitar unha exposición dela en París, dixo "inclínome diante do milagre artístico desta ucraína brillante."[1]