Mar de Aral
mar interior da Asia Central / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Aral é un mar interior da Asia Central, situado entre os 53° e os 56° de latitude norte e entre os 58° e os 62° de lonxitude leste. Está situado entre Casaquistán ao norte e Uzbekistán ao sur, é un grande lago de auga doce que estivo considerada como a cuarta extensión de auga doce da Terra.
Mar de Aral | |
---|---|
Арал теңізі, Aral tengizi – Orol dengizi - Аральскοе мοре, Aralskoye more - Дарёчаи Хоразм - دریاچه خوارزم, Daryocha-i Khorazm | |
Localización administrativa | |
Estado | Casaquistán Uzbekistán |
División | Provincia de Aktobe (KAZ) Provincia de Kyzylorda (KAZ) Karakalpaquistán (UZB) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Lago salino |
Continente | Asia |
Cunca | Cunca endorreica, con diversas canles |
Xeografía | |
Afluentes | Ríos Amu Daria (S) e Sir Daria (N) |
Cidades ribeiregas | Aral e Moynaq |
Características | |
Superficie | 6.800 km² (2008, 2 lagos) 17.160 km² (2004, 4 lagos) 28.687 km² (1998, 2 lagos) 68.000 km² (1960, 1 lago) |
Profundiade máxima | 42 m (lago Norte, 2008) 37-40 m (lago Sur, 2005) |
Profundidade media | 8,7 m (lago Norte, 2007) 14-15 m (lago Sur, 2005) |
Altitude | 42 m (lago Norte, 2007) 29 m (lago Sur, 2007) |
Capacidade | 27 km³ (2007) |
Outros datos | |
Outros países da cunca | Afganistán, Turkmenistán e Taxiquistán |
Mapa | |
Animación do estado do mar de Aral | |
Variación de extensión do Mar de Aral entre 1850 e 2003: perdeu mais da metade da súa superficie. Foto de satélite de 2003 | |
A inicios do século XXI atópase en grave degradación ao ser desviada durante décadas a auga dos dous ríos tributarios, Amur Daria e Sir Daria, con fins agrícolas, o que provocou que perdese unha gran parte da súa superficie e maior aínda do seu volume de auga.
En 1960 cubría 68 000 km²[1], sendo o 4º maior lago do mundo. En 2000, a súa superficie xa estaba dividida en dúas partes. A separación entre o Pequeno mar ao norte e o Grande mar ao sur data de 1989. A evolución actual predí a desaparición total do segundo por volta de 2025.