Lucas o Evanxelista
un dos catro evanxelistas, simbolizado por un touro / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Lucas Evanxelista foi un médico xudeu helenizado do século I, nado en Antioquía (actual Turquía), coñecido por ser un dos catro evanxelistas. Como san Marcos, non foi un dos doce apóstolos. Ademais de considerárselle autor do terceiro evanxeo, tamén se lle atribúe a autoría dos Feitos dos Apóstolos.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Antioquía do Orontes |
Morte | 84 Thebes, Grecia (en) |
Lugar de sepultura | Grecia |
Apóstolo | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Campo de traballo | Evanxelización e cristianismo |
Ocupación | médico , Evanxelistas , iconógrafo , escritor , pintor , evangelist (en) |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Membro de | |
Lingua | Lingua grega moderna |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de outubro |
Símbolo iconográfico | Bull of Saint Luke (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Pechar
O nome procede do grego Λουκᾶς Loukás, Lukas, latinizado como Lucas ou Luca [1].
É patrón dos médicos e da Facultade de Medicina de Santiago. Tamén o é dos pintores, doutores e cirurxiáns (pola súa profesión), solteiros (morreu solteiro), carniceiros e encadernadores (pola súa identificación co boi), cervexeiros e notarios .