Lingua kaurna
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kaurna é unha lingua pama-nyungana falada historicamente polo pobo kaurna que habita nas chairas de Adelaide, en Australia Meridional. O pobo das chairas de Adelaide é coñecido como pobo kaurna no presente, pero este está composto por varios grupos tribais, cada un co seu propio distrito parnkarra e coa súa propia forma dialectal da lingua. Estes dialectos foron falados nas áreas de Crystal Brook e Clare no norte, cabo Jervis no sur, e arredor do monte Lofty. Deixou de falarse como lingua habitual no século XIX, pero a partir da década de 1990, estase reclamando o seu ensino e reintrodución.
Datos rápidos Kaurna, Códigos de lingua ...
Kaurna | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /ˈɡɑːnə/ ou /ˈɡaʊnə/ | |
Falado en: | Australia | |
Rexións: | Australia Meridional | |
Extinción: | 1931, coa morte de Ivaritji | |
Familia: | Linguas pama-nyunganas Linguas thura-yura Linguas kadli Kaurna | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | zku
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar