Liam Neeson
From Wikipedia, the free encyclopedia
William John "Liam" Neeson, nado o 7 de xuño de 1952[1] en Ballymena, condado de Antrim (Irlanda do Norte) é un actor irlandés que acadou a fama por protagonizar o filme de Steven Spielberg A lista de Schindler. Dende aquela protagonizou numerosos filmes de éxito, como Star Wars Episode I: The Phantom Menace, Taken, Taken 2, Michael Collins, Les Misérables, Batman empeza, Kinsey, Furia de titáns e a serie The Chronicles of Narnia.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Foi nomeado a varios premios como o Oscar ó mellor actor, o BAFTA ó mellor actor e tres Globos de Ouro ó mellor actor dramático.