Johnny Depp
actor, produtor e músico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
John Christopher Depp II, nado en Owensboro, Kentucky, o 9 de xuño de 1963, é un actor, produtor e músico estadounidense. Gañou un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores ó mellor actor.
Depp acadou a fama coa serie de televisión dos anos 1980 21 Jump Street, na que se converteu nun ídolo adolescente. Insatisfeito con esa condición, Depp empezou no cine para obter papeis que supuxeran un desafío maior. Interpretou o papel protagonista na aclamada Edward Scissorhands (1990) e posteriormente obtivo un grande éxito en filmes coma Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005), Alice in Wonderland (2010), Rango (2011) e a serie de Pirates of the Caribbean. Colaborou co director, e amigo seu, Tim Burton en oito filmes; sendo o último Sombras tenebrosas (2012).
Depp gañou o recoñecemento polas súas actuacións interpretando a Ed Wood en Ed Wood, Joseph D. Pistone en Donnie Brasco, Hunter S. Thompson en Fear and Loathing in Las Vegas, George Jung en Blow, Jack Sparrow na saga Pirates of the Caribbean, e ó ladrón de bancos John Dillinger en Public Enemies. Os filmes protagonizados por Depp tiveron no seu conxunto unha recadación de máis de $3,1 billóns nos Estados Unidos e $7,6 billóns arredor do mundo.[1] O seu maior éxito comercial foron os filmes da serie Pirates of the Caribbean que recadaron 3.727 millóns de dólares, Alice in Wonderland que acadou 1.024 millóns, Charlie and the Chocolate Factory con 474 millóns e The Tourist con 278 millóns.[2][3][4]