John Keats
From Wikipedia, the free encyclopedia
John Keats (AFI: ʤɒn ki:ʦ), nado en Londres o 31 de outubro de 1795 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1821, foi un poeta inglés do Romanticismo. Foi unha das principais figuras da segunda xeración de poetas románticos, coincidindo con Lord Byron e Percy Bysshe Shelley, a pesar de que comezou a publicar as súas obras catro anos antes da súa morte por tuberculose.[1]
Retrato de John Keats por William Hilton | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1795 Londres, Reino de Gran Bretaña |
Morte | 23 de febreiro de 1821 (25 anos) Roma, Estados Pontificios |
Causa da morte | tuberculose |
Lugar de sepultura | Cemiterio protestante |
Datos persoais | |
Residencia | Inglaterra Escocia Illa de Irlanda Geographical region of Italy (en) |
País de nacionalidade | Británica |
Relixión | Irrelixión |
Educación | King's College de Londres |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e Romanticismo |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | Poeta |
Movemento | Romanticismo |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Irmáns | Frances Mary Keats (en) e George Keats (pt) |
Durante a súa curta vida a súa obra foi obxecto de constantes ataques e non foi senón até moito despois que foi completamente reivindicada. A lírica de Keats caracterízase por unha linguaxe exuberante e imaxinativa, temperado pola melancolía. Keats tiña con frecuencia a sensación de traballar á sombra dos grandes poetas do pasado e só cara ao final da súa efémera vida, cando sentía preto a escuridade da morte, foi capaz de producir os seus poemas máis auténticos e memorables.[2]
Na actualidade, os seus poemas son dos máis populares e analizados da literatura inglesa, así como as súas cartas.[3]