Johann Sebastian Bach (en alemán /joˈhan/ ou /ˈjoːhan zeˈbastjan ˈbax/), nado en Eisenach (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzo de 1685 e finado en Leipzig o 28 de xullo de 1750, foi un músico e compositor do período barroco da música erudita. Considérase un dos compositores máis grandes e influentes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico. Bach considerábase a si mesmo un artesán consciente de que realizaba unha tarefa o mellor que a súa capacidade lle permitía, para a satisfacción dos seus superiores, para pracer e edificación dos seus semellantes, e para a gloria de Deus.[1]
«Bach» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase
Bach (homónimos).
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Johann Sebastian Bach |
Biografía |
---|
Nacemento | 21 de marzo de 1685 (Xuliano) Eisenach (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 28 de xullo de 1750 (65 anos) Leipzig (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Causa da morte | Ictus |
---|
Lugar de sepultura | Igrexa de Santo Tomé |
---|
|
|
Thomaskantor |
---|
|
|
1723 – 1750 (morte) |
Mestre de capela |
---|
decembro de 1717 – abril de 1723 |
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | Ducado de Saxonia-Eisenach Sacro Imperio Romano Xermánico |
---|
Relixión | Luteranismo |
---|
Educación | Michaelisschule (–1702) |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Mühlhausen/Thüringen Arnstadt Leipzig Weimar Köthen |
---|
Ocupación | compositor , Concertino , musicólogo , profesor de música , Virtuoso , director de coro , violinista , director de orquestra , organista , clavicembalista , mestre |
---|
Período de actividade | 1710 - |
---|
Empregador | Bachkirche Arnstadt (en) , organista (1703–1707) João Ernesto III, Duque de Saxe-Weimar (pt) , violinista (1703–1703) Leopoldo de Anhalt-Köthen (pt) , mestre de capela Divi Blasii, Mühlhausen (en) , organista Thomasschule zu Leipzig (pt) , cantor, profesor de música Collegium Musicum (en) , director de orquestra |
---|
Xénero artístico | Música barroca e música clásica |
---|
Movemento | Música barroca |
---|
Profesores | Johann Ambrosius Bach, Johann Christoph Bach, Johann Ludwig Bach, Johann Christoph Bach II (en) e Dietrich Buxtehude (pt) |
---|
Alumnos | Johann Friedrich Agricola, Johann Christoph Altnickol (pt) , Johann Friedrich Doles (pt) , Carl Gotthelf Gerlach, Johann Ludwig Krebs (pt) , Johann Gottfried Müthel (en) , Johann Christian Kittel (en) e Johann Christoph Friedrich Bach (pt) |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua alemá, lingua italiana e lingua latina |
---|
Instrumento | Órgano, Clavicémbalo, violín e Viola |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Familia | Familia Bach |
---|
Cónxuxe | Anna Magdalena Bach (1721–1750 (Xuliano)), morte da persoa Maria Barbara Bach (1707–1720), morte do cónxuxe |
---|
Fillos | Wilhelm Friedemann Bach (pt) () Maria Barbara Bach (pt) Johanna Carolina Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Regina Susanna Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Christiana Sophia Enrietta Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Léopold Augustus Bach (pt) () Maria Barbara Bach (pt) Christiana Dorothea Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Regina Johanna Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Christiana Benedicta Louisa (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Johann August Abraham Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Ernestus Andreas Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Johann Christoph Bach () Maria Barbara Bach (pt) Elisabeth Juliana Friderica Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Johann Christian Bach () Anna Magdalena Bach (pt) Carl Philipp Emanuel Bach () Maria Barbara Bach (pt) Maria Sophia Bach (pt) () Maria Barbara Bach (pt) Johann Gottfried Bernhard Bach (pt) () Maria Barbara Bach (pt) Gottfried Heinrich Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Johann Christoph Friedrich Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) Catharina Dorothea Bach (pt) () Maria Barbara Bach (pt) Christian Gottlieb Bach (pt) () Anna Magdalena Bach (pt) |
---|
Pais | Johann Ambrosius Bach e Maria Elisabetha Lämmerhirt |
---|
Irmáns | Johann Christoph Bach e Johann Jacob Bach |
---|
Parentes | Christoph Bach (pt) (avó) |
---|
|
|
|
Pechar
A súa vida foi similar á de moitos funcionarios musicais do seu tempo na Alemaña luterana, escasa en grandes acontecementos. Ocupou os postos de organista en Arnstadt entre 1703 e 1707, e Mühlhausen (1707-1708), organista da corte e posteriormente mestre de capela do duque de Weimar, e entre 1717 e 1723 foi director musical na corte do príncipe Leopold en Köthen.[1] En 1720 faleceu a súa esposa, e un ano máis tarde volveu casar, esta vez coa cantante Anna Magdalena Wilcke. A partir de 1723 e ata a súa morte, Bach foi mestre de capela e kantor na igrexa de San Tomé en Leipzig e director musical da cidade.[1] Chegou a ser invitado á corte de Frederico II o Grande en Sanssouci. Aínda que en vida gozou de certa fama na Alemaña protestante como virtuoso organista e compositor de eruditas obras contrapuntísticas, había canto menos media ducia de compositores máis coñecidos ca el en Europa.[1] Bach tivo numerosos alumnos e estudantes ó longo da súa vida. Entre eles cóntase a Johann Friedrich Agricola. Finou en 1750, despois dunha intervención fracasada no ollo, facendo que Bach fose quedando cego ata perder totalmente a vista.[2]
Bach encabezou unha gran familia numerosa. Tivo 7 fillos do seu primeiro matrimonio e 13 do segundo. Tres dos fillos que tivo coa súa segunda esposa convertéronse en compositores respectados por dereito propio. Entre eles cóntanse Wilhelm Friedemann Bach (1710-1784), Carl Philipp Emanuel Bach (1714-1788, de quen Mozart tiña unha moi boa opinión) e Johann Christian Bach (1735-1782).[3][4] Porén, a confianza que Bach puxo nun dos seus fillos maiores tivo tristes consecuencias despois do seu falecemento. O fillo perdeu para sempre varias Paixóns compostas polo seu pai (que quizais agora serían tan apreciadas como a Matthäus-Passion e a Johannes-Passion). Se non fose polo coidado que tivo Carl Philipp Emanuel en conservar os manuscritos do seu pai, poderían terse perdido unha boa parte das obras mestras de Bach.[5]
Na época da súa vellez, cando a xente se refería a Bach facíao pensando no seu famoso fillo Carl Philipp. Nas xeracións que seguiron a Bach, soamente os compositores e músicos coñecían a súa obra. Así, por exemplo, Haydn, Mozart e Beethoven tiveron un grande aprecio pola obra de Bach.[6]