Himno nacional de Costa Rica
himno nacional da República de Costa Rica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O himno nacional da República de Costa Rica é o himno nacional de Costa Rica dende 1852. A súa música foi composta por Manuel María Gutiérrez Flores, quen dedicou a partitura ó francés Gabriel-Pierre Lafond. A música foi creada para recibir os delegados de Inglaterra e os Estados Unidos nese ano polo Tratado de Webster-Crampton. Tivo varias letras; a actual foi escrita para un concurso convocado en 1903 polo goberno de Ascensión Esquivel Ibarra, para darlle ó himno unha letra que reflectise a idea de ser costarriqueña. O concurso gañouno José María Zeledón Brenes e a letra foi incorporada en 1903.[2]
Datos rápidos Letra, Música ...
Himno nacional de Costa Rica | |
---|---|
Portada da primeira edición do himno nacional. | |
Himno de | Costa Rica |
Letra | José María Zeledón Brenes[1] 1903 |
Música | Manuel María Gutiérrez Flores 11 de xuño de 1852 |
Adoptado | 10 de xuño de 1949 por José Figueres Ferrer |
Mostra da música | |
Pechar