Fascia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fascia (do latín, "fita", "banda") é unha lámina de tecido conectivo[1] que se estende polo corpo. É un tecido conectivo que rodea músculos, grupos de músculos, vasos sanguíneos, e nervios, uníndoos mediante unha cuberta común.[2] Está constituída por varias capas: a fascia superficial, a fascia profunda, e unha fascia subserosa (ou visceral) e se estende de forma ininterrompida de arriba a baixo.[3]
Ao igual que os ligamentos, aponeuroses, e tendóns, as fascias son densos tecidos conectivos, conteñen numerosas fibras de coláxeno orientadas en paralelo ás forzas de tensión. Debido a esta disposición, as fascias son tecidos moi resistentes, especialmente a forzas que se exerzan cunha traxectoria paralela ás fibras coláxenas. Estas fibras son producidas por unha célula denominada fibroblasto, presentes en toda a superficie fascial.[2]
A composición da fascia polo tanto é moi semellante á do tendón ou á do ligamento pero o ligamento se dispón entre óso e óso con funcións na mobilidade e estabilidade articular. Os tendóns unen un músculo ao óso, tanto na inserción proximal coma na caudal.