Donatello
From Wikipedia, the free encyclopedia
Donato di Niccolò di Betto Bardi, nado en Florencia en 1386 e finado na mesma cidade o 13 de decembro de 1466, foi un famoso artista e escultor renacentista, coñecido co nome de Donatello, un dos pais do período xunta Leon Battista Alberti, Brunelleschi e Masaccio. Donatello converteuse nunha forza innovadora no campo da escultura monumental e no tratamento dos relevos, onde logrou representar unha gran profundidade dentro dun mínimo plano, o que recibe o nome de stiacciato, é dicir, relevo aplanado ou esmagado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Donato di Niccolò di Betto Bardi 1386 Florencia |
Morte | 13 de decembro de 1466 (Gregoriano) (79/80 anos) Florencia |
Lugar de sepultura | Basílica de San Lourenzo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Florencia |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Florencia Módena Nápoles Pisa Prato Mantua Ferrara Lucca Padua Roma Siena |
Ocupación | escultor , pintor |
Período de actividade | 1404 (Gregoriano) - 1466 (Gregoriano) |
Empregador | Lorenzo Ghiberti (década de 1400–) |
Xénero artístico | Arte sacra, retrato equestre (pt) , retrato e pintura mitolóxica |
Movemento | Primeiro Renacemento |
Catálogo crítico | Donatello. Catalogo completo (en) (1991) Q115202970 |
Profesores | Bicci di Lorenzo (pt) e Giovanni d'Ambrogio (pt) |
Alumnos | Bertoldo di Giovanni, Agostino di Duccio (pt) e Nanni di Banco (pt) |
Lingua | Lingua italiana |
Obra | |
Obras destacables
| |
O David de mármore para a catedral de Santa María del Fiore en Florencia foi a súa primeira obra documentada entre 1444 e 1446. Nos anos sucesivos realizou numerosas obras en mármore, terracota, bronce e madeira para diversos mecenas e cidades. Volveu a Florencia en 1459 coa encarga de modelar unhas placas en bronce para a basílica de San Lourenzo e durante a súa elaboración faleceu en decembro de 1466.[1]
Entre as súas obras máis importantes atópanse o David de bronce no Museo Nacional do Bargello, o Púlpito exterior da catedral de Prato, a estatua ecuestre de Condottiero Gattamelata en Padua, a María Madalena penitente no Museo dell'Opera del Duomo en Florencia e Xudit e Holofernes no Palazzo Vecchio.[2]