Distritos de Timor Leste
From Wikipedia, the free encyclopedia
Timor Leste está dividido en 14 municipios, coñecidos anteriormente coma distritos, dos que un deles é tamén unha Rexión Administrativa Especial[1]. Os municipios divídense en postos administrativos (antigos subdistritos), e posteriormente subdivídense en sucos ("aldeas").
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
A división xeográfica dos diferentes municipios correspóndese coa antiga organización territorial en concellos no Timor Portugués.
O municipio máis poboado é Díli, con 173.541 habitantes. Oe-Cusse Ambeno é, ademais de municipio, unha Rexión Administrativa Especial dado que constitúe un exclave con respecto ao estado de Timor Leste.