Ctenopharyngodon idella
From Wikipedia, the free encyclopedia
A carpa Ctenopharyngodon idella é unha especie de peixe ciprínido (o grupo das carpas) e a única especie do xénero Ctenopharyngodon. É a especie que se produce en maior cantidade en acuicultura no mundo (uns seis millóns de toneladas ao ano en 2016, o que supón preto dun 11% do total da produción acuícola).[1] É un gran peixe de auga doce herbívoro nativo do leste de Asia, cunha área de distribución nativa que vai desde o norte de Vietnam ao río Amur na fronteira chinesa-siberiana.[2]
Ctenopharyngodon idella | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Ctenopharyngodon idella (Valenciennes en Cuvier & Valenciennes, 1844) |
Críase na China como alimento, pero foi introducida en Europa e os Estados Unidos para o control da vexetación acuática. É un peixe propio de ríos grandes de augas avoltas e está asociado a lagos de chairas de inundación, cun amplo grao de tolerancia de temperaturas. Entra en condición reprodutiva e desova a temperaturas entre 20 e 30 °C.[2][3]