Cruz Vermella
movemento humanitario internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Movemento Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella máis coñecida por Cruz Vermella é unha institución humanitaria, internacional e de carácter voluntario, que reúne ao redor de 97 millóns de voluntarios en todo o mundo.[1] Fundouna en Suíza no ano 1863 Jean Henri Dunant, e dende entón traballa en favor dos colectivos máis vulnerables e necesitados. Defende os dereitos humanos, as minorías étnicas e a conservación dos ecosistemas. A Cruz Vermella fomenta a cooperación dos países máis ricos cos máis desfavorecidos.
Cruz Vermella | |
---|---|
O poder da humanidade | |
Acrónimo | IRCRCM |
Tipo | organización non gobernamental internacional e axencia de asistencia |
Campo de traballo | ajuda humanitária |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 17 de febreiro de 1863 |
Fundador(es) | Jean Henri Dunant, Théodore Maunoir, Gustave Moynier, Guillaume-Henri Dufour e Louis Appia |
Nomeado en referencia a | cruz vermelha |
Nº de empregados | 300.000 |
Premios | Premio Nobel da Paz, Premio Nobel da Paz, Premio Nobel da Paz e Premio Four Freedoms - Medalla da Liberdade |
Sede | Xenebra e Suíza |
En | Xenebra |
País | Suíza |
46°13′39″N 6°08′13″L | |
Na rede | |
https://www.icrc.org/ e https://www.ifrc.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está formado por:
- O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICV)
- A Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella
- As 187 Sociedades nacionais da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella.
O movemento componse de varias organizacións distintas que son xuridicamente independentes entre si, pero están unidas no movemento a través duns principios básicos comúns, os obxectivos, os símbolos, os estatutos e os órganos de goberno.
Os compoñentes do Movemento, aínda que conservan a súa independencia nos límites do Estatuto do Movemento, actúan sempre de acordo cos seus Principios Fundamentais e colaboran entre eles no desempeño das súas tarefas respectivas e para realizar a súa misión común.
Os compoñentes do Movemento reúnense cos Estados Partes nos tratados de Xenebra do 27 de xullo de 1929 ou do 12 de agosto de 1949 na Conferencia Internacional da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella (en diante: a Conferencia Internacional).
O Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) sempre tivo un recoñecido papel no desenvolvemento e a promoción do Dereito internacional humanitario (DIH). Consciente dos retos que comporta o seu pleno respecto, o CICR creou en 1996 un Servizo de Asesoramento en dereito internacional humanitario a fin de fortalecer a súa capacidade de prestar servizos aos Estados nesa materia abarcando medidas concretas e necesarias para a posta en funcionamento dos tratados de Xenebra e os seus protocolos adicionais, os diversos tratados sobre armas, o Estatuto de Roma da Corte Penal Internacional e outros tratados pertinentes.
A Cruz Vermella tamén é o emblema inicial do Movemento. A cruz vermella, xunto coa media lúa vermella e o cristal vermello sobre fondo branco, son emblemas humanitarios recoñecidos oficialmente por case a totalidade de países do mundo e o seu uso está enmarcado no Dereito Internacional Humanitario, polo que deben ser respectados en toda circunstancia, para que se poidan desenvolver as actividades humanitarias nos desastres e conflitos armados.
O día 8 de maio celébrase o Día Internacional da Cruz e da Media Lúa Vermellas.