Crucifixión de Xesús
From Wikipedia, the free encyclopedia
A crucifixión de Xesús é un feito narrado nos evanxeos, que relata a morte de Cristo no Gólgota de acordo coa fe cristiá. A morte na cruz de Xesús, a quen os cristiáns consideran o Fillo de Deus e o Mesías, é o final da paixón de Cristo e constitúe unha das cernas do cristianismo por entender que mediante ela se logrou a salvación do pecado. A maioría dos cristiáns proclaman este sacrificio a través do pan e o viño da Eucaristía, como un recordo da Última Cea, e moitos tamén conmemoran o evento o Venres Santo de cada ano.[1][2]