From Wikipedia, the free encyclopedia
Cristian Mungiu nado en Iaşi o 27 de abril de 1968, é un director de cine romanés. Canda Cristi Puiu, Radu Muntean, Cristian Nemescu, Corneliu Porumboiu e Cătălin Mitulescu é considerado un dos máis importantes expoñentes da nova onda romanesa de cinema.[1]
Tras estudar literatura inglesa na Universidade Alexandru Ioan Cuza en Iaşi, Mungiu traballou durante varios anos como mestre e xornalista. Posteriormente, estudou dirección de cine na Academia de Cine e Teatro de Bucarest. Despois da súa graduación, Mungiu realizou varias curtametraxes. En 2002, realizou a súa primeira longametraxe, Occident. A película tivo éxito de crítica, recibindo varios premios en diferentes festivais de cine e aparecendo no Festival de Cine de Cannes.
En 2007, Mungiu escribiu e dirixiu o seu segundo filme, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile. A película foi criticada positivamente e gañaría a Palma de Ouro, sendo a primeira vez que un romanés obtén tal distinción.
Mungiu é irmán da analista política Alina Mungiu-Pippidi.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.