Colón costarriqueño
unidade monetaria de Costa Rica / From Wikipedia, the free encyclopedia
O colón costarriqueño, chamado así na honra do almirante Cristovo Colón, é a moeda oficial da República de Costa Rica, en América Central.[1][2] O seu símbolo é unha letra C atravesada por dúas barras inclinadas verticais "¢", e o seu código ISO 4217 é CRC.[3]
- Para a antiga moeda homónima do Salvador, véxase Colón salvadoreño.
Colón costarriqueño | |
---|---|
Código: | CRC |
Ámbito: | Costa Rica |
Símbolo: | ¢ |
Fracción: | 100 centavos |
Moedas: | 5, 10, 25, 50, 100, 500. |
Billetes: | 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000, 50.000. |
Emisor: | Banco Central de Costa Rica. |
Taxa de troco: Febreiro de 2020 | 1 EUR = 676 CRC. 1 USD = 563 CRC. |
Troco actual |
Durante o período colonial circulaba en Costa Rica a moeda española e, a partir da súa independencia en 1821, a súa primeira moeda nacional foi o real, substituída logo polo peso. A partir do 24 de outubro de 1896, a denominada "Lei do padrón ouro" (Ley del talón oro) estableceu o colón como unidade monetaria, en substitución do peso costarriqueño, acolléndose a unha tendencia da época co gallo das celebracións do IV centenario da Descuberta de América.[4][5][6]