Circuíto de Silverstone
autódromo en Silverstone (Inglaterra) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O circuíto de Silverstone é un autódromo localizado en Silverstone, Inglaterra, no que se disputa o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1. O primeiro Gran Premio da historia correuse alí, nun aeródromo inactivo desde a segunda guerra mundial. As tres pistas de engalaxe, trazadas no clásico formato triangular da época, aínda poden apreciarse dentro do circuíto.
Circuíto de Silverstone | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | Setembro de 1947 |
Outros nomes | "Home of British Motor Racing"[1] Arena Grand Prix Circuit (2011–presente), |
Carreiras | FIA Fórmula 1: British Grand Prix FIM MotoGP: British Grand Prix FIA World Endurance Championship 6 Horas de Silverstone FIA World Rallycross Championship World RX of Great Britain FIM Campionato do mundo de Superbikes European Le Mans Series Campionato de Europa de Fórmula 2 FIA International Formula 3000 Campionato Británico de Turismos Campionato Británico de Fórmula 3 British GT British Superbike Championship Silverstone Classic |
Localización | Northamptonshire e Buckinghamshire, Reino Unido |
Coordenadas | |
Capacidade | 150.000 espectadores |
Trazado actual (2011 – presente) | |
Lonxitude km | 5,891 km[2] |
Curvas | 18 |
Récord tempo | 1:27,097 |
Récord piloto | Max Verstappen |
Récord equipo | Red Bull - Honda |
Récord ano | 2020 |
Circuíto Arena Grand Prix (2010)[3] | |
Lonxitude km | 5´901 km. |
Curvas | 18 |
Récord tempo | 1:30.874 |
Récord piloto | Fernando Alonso |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2010 |
Circuíto Bridge Grand Prix (1997-2009) | |
Lonxitude km | 5´141 km. |
Curvas | 17 |
Récord tempo | 1:18.739 |
Récord piloto | Michael Schumacher |
Récord equipo | Ferrari |
Récord ano | 2004 |
Circuíto Internacional | |
Lonxitude km | 3´619 km. |
Curvas | 10 |
Circuíto Nacional | |
Lonxitude km | 2´638 km. |
Curvas | 6 |
Circuíto Stowe | |
Lonxitude km | 1´281 km. |
Curvas | 5 |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Gran Premio do Reino Unido rotou entre os circuítos de Silverstone, Aintree e Brands Hatch entre os anos 1955 e 1986, pero realizase permanentemente en Silverstone desde 1987. Parte do autódromo atópase en Northamptonshire e a restante en Buckinghamshire.
O 30 de setembro de 2004, o presidente do British Racing Drivers Club, Jackie Stewart, anunciou que a carreira non sería incluída no calendario provisional de 2005, e aínda que finalmente fose corrida, a mesma non se realizaría en Silverstone.[4] No entanto, o 9 de decembro do mesmo ano alcanzouse un acordo con Bernie Ecclestone, dono do a Fórmula 1, segundo o cal o Gran Premio continuaría disputandose en Silverstone ata 2009, despois Donington Park converteríase no novo hóspede. Pero, os arrendatarios de Donington Park sufriron problemas económicos. Como resultado o BRDC asinou un contrato de 17 anos con Ecclestone para celebrar o Gran Premio de Gran Bretaña en Silverstone.[5]