Cilenos
pobo prerromano de Gallaecia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cilenos[1] (en latín: Cileni) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que ocupaba o territorio que media entre os ríos Ulla e Lérez,[2] no territorio costeiro norte da actual provincia de Pontevedra. Tolomeo, Hidacio e Plinio o Vello consideraron que o núcleo ou capital deste territorio era Aquae Celenae ("pobo das augas cilenas"),[3] lugar que hoxe podería corresponderse coa vila actual de Caldas de Reis.
Plinio sitúaos entre os helenos, polo sur, e os praestamarcos, polo norte.[2]