Cidade vella de Xerusalén
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cidade vella de Xerusalén (en hebreo: העיר העתיקה, [Ha Ir Ha'Atiqah], árabe: البلدة القديمة , [al-Balda al-Qadimah], turco: Kudüs , armenio, Երուսաղեմի հին քաղաք [Yerusaghemi hin k'aghak']) é unha área de aproximadamente 0,9 km² situada dentro de Xerusalén Leste, constituíndo até a década de 1860 todo o armazón urbano. A cidade vella é o lugar onde se sitúan sitios relixiosos importantes tales como o Monte do Templo e o Muro das Lamentacións para a relixión xudía, o Santo Sepulcro para a relixión cristiá, e a Cúpula da Rocha e a Mesquita de Al-Aqsa para a relixión musulmá.[2]
Cidade vella de Xerusalén e as súas murallas | |
---|---|
Cidade vella de Xerusalén, o Monte Scopus e o Monte das Oliveiras. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Israel (de facto) |
Localización | 31°47′N 35°13′L |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, III, VI |
Inscrición | 1981 (5ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Distrito de Xerusalén[1] |
Identificador | 148 |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa escritos armenios. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Tradicionalmente, a cidade vella estivo dividida en catro barrios, aínda que os actuais nomes só se introduciron no século XIX. Este catro barrios son o Barrio Musulmán, o Barrio Xudeu, o Barrio Cristián e o Barrio Armenio.
A cidade vella de Xerusalén[3] foi incluída en 1981 dentro do Patrimonio da Humanidade da UNESCO. En 1982 Xordania solicitou a súa inclusión na Lista do Patrimonio da Humanidade en perigo.