Chuca
From Wikipedia, the free encyclopedia
A chuca[1] ou xogo dos pelouros[2] é un xogo popular galego, común tamén noutras moitas partes e que se coñece desde a antigüidade. Tradicionalmente utilizábanse astrágalos de cordeiro (ósos dos xeonllos precursores dos dados pola súa forma) e unha pelota. Xógase cunha soa man e poden xogar unha ou varias persoas.