Chironomus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Chironomus é un xénero de dípteros parecidos superficialmente a mosquitos, pero que que non pican, da familia dos quironómidos (Chironomidae). Contén varias especies crípticas, que só as poden distinguir os expertos baseándose nas características dos seus cromosomas politénicos xigantes das células das súas glándulas salivares. As especies desta familia aliméntanse de produtos azucrados vexetais, principalmente. As larvas de varias especies habitan en zonas profundas, onde poden chegar a ter grandes densidades de poboación. Utilizan unha combinación de proteínas do tipo da hemoglobina e movementos ondulatorios ventilatorios nos tubos onde viven para obteren o oxíxeno que é tan escaso nos seus hábitats.[1]
Máis información Chironomus, Clasificación científica ...
Chironomus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto de Chironomus plumosus. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||
|
Pechar