Casa do Concello de Delft
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa do Concello de Delft (en neerlandés: Stadhuis van Delft) é un edificio de estilo renacentista situado na Gran Praza (Grote Markt ou simplemente Markt), fronte á igrexa nova da cidade holandesa de Delft, na Holanda Meridional. O edificio, que en 1967 recibiu a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument), foi a sede do Concello de Delft e na actualidade utilízase como escenario protocolario para a celebración de recepcións e eventos cerimoniosos.[1][2]
Datos rápidos Casa do Concello de Delft (Stadhuis van Delft), Edificio ...
Casa do Concello de Delft (Stadhuis van Delft) | |
---|---|
Fachada vista desde a Gran Praza | |
Edificio | |
Tipo | Palacio |
Estilo | Renacentista |
Enderezo | Gran Praza de Delft (Markt, 87) |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′41″N 4°21′28″L |
Uso(s) | Antigo: Casa do Concello Actual: recepcións e eventos cerimoniosos |
Construción | |
Construción | Século XIII |
Remodelación | 1618-1620 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Hendrick de Keyser |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar