Calisto II, papa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Calisto II[1] ou Callistus II en latín (kallistos, o máis belo en grego antigo), nado coma Guido de Bourgogne en Borgoña en data descoñecida[2] e finado en Roma o 13 de decembro de 1124, foi o 162º papa da igrexa católica, entre o 1 de febreiro de 1119 e o día da súa morte. Da familia dos Condes de Borgoña, da Casa Ivrea, resolveu a Querela das Investiduras (45 anos de guerra entre o poder xerárquico do papado e os emperadores xermánicos) e apoiou a peregrinación a Santiago de Compostela, contribuíu nas cruzadas e na fundación da Orde do Císter maila do Temple.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (fr) Calixte II |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Guido de Bourgogne c. 1065 Quingey (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 13 de decembro de 1124 (58/59 anos) Roma (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Lugar de sepultura | Basílica de San Xoán de Latrán |
162º Papa | |
8 de febreiro de 1119 – 13 de decembro de 1124 ← Xelasio II – Honorio II → | |
Arcebispo católico | |
1088 – 1119 Diocese: Roman Catholic Archdiocese of Vienne (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Coñecido por | Papa n° 162 da igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | diplomático , escritor , sacerdote católico , bispo católico |
Lingua | Lingua latina |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Familia | |
Familia | Anscáridas (pt) |
Pais | Guillerme I de Borgoña e Estefanía de Borgoña |
Irmáns | Xisela de Borgoña, Sibila de Borgoña, Clemencia de Borgoña, Ermentrud of Burgundy (en) , Estevo I de Borgoña, Reinaldo II, Conde da Borgonha (pt) , Raimundo de Borgoña e Bertha de León |
Pechar