Cadrado perfecto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un número cadrado perfecto en matemáticas, ou un número cadrado, é un número enteiro que é o cadrado doutro; ou dito doutro xeito, é un número que ten como raíz cadrada un número natural.
Un número é un cadrado perfecto se se pode dispor nunha figura cadrada. Por exemplo, 9 é un número cadrado perfecto xa que pode ser escrito como 3 × 3, e pódese dispor do seguinte xeito:
3² = 9 |
Un número enteiro positivo que non ten divisores cadrados fóra do 1 denomínase número libre de cadrados.
En álxebra, o cadrado dun número n exprésase como n², e equivale a n × n. A operación alxébrica de elevar ao cadrado un número n proporciónanos a área dun cadrado xeométrico cun lado que mide n. Por tal razón, esta operación coñécese como elevar ao cadrado.[1]
Un número natural n elevado ao cadrado pódese linearizar por medio da seguinte expresión:
Así, por exemplo:
Que dá o mesmo resultado que a multiplicación: