Basílica de Santo Antonio de Padua
From Wikipedia, the free encyclopedia
A basílica de Santo Antonio de Padua é un templo relixioso da cidade italiana de Padua, construído entre os anos 1238 e 1310. O seu núcleo orixinal foi a igrexa de Santa María Nai do Señor, Sancta Maria Mater Domini, onde instalouse o convento franciscano no cal foi sepultado Santo Antonio de Padua, feito que orixinou unha fervorosa devoción aos seus restos por parte dos católicos.
Datos rápidos Datos xerais, País ...
Basílica de Santo Antonio de Padua | |
---|---|
Basílica de Santo Antonio de Padua. | |
Datos xerais | |
País | Italia |
Rexión | Véneto |
Tipo | Basílica |
Advocación | Santo Antonio de Padua |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 45°24′05″N 11°52′48″L |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Delegazione Pontificia per la Basilica di S. Antonio |
Arquitectura | |
Construción | 1238-1310 |
Estilo | Románico, gótico, renacentista e barroco |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na praza atópase o magnífico monumento ecuestre a Gattamelata de Donatello. Ademais no interior da basílica realizou este mesmo escultor, o Crucifixo de bronce, que Boito colocou anos máis tarde no altar maior. Para este mesmo altar, Donatello creou sete estatuas que representan a Virxe co Neno e os santos Francisco, Antonio, Xustina, Daniel, Luís e Prosdocimo.