Baixa Idade Media
Período da Idade Media comprendido entre os séculos XI e XV, que á súa vez comprende a Plena Idade Media (séculos XI-XIII) e a Idade Media Tardía (s. XIV e XV) / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Baixa Idade Media[1] é o período histórico que abrangue a historia europea dende o século XI ata o século XV. Comeza coa batalla de Hastings en 1066, fundación do reino de Inglaterra, e remata co xurdimento do Renacemento en Italia e España. Como data de remate empréganse dúas datas, ben a conquista de Bizancio polos otománs en 1453 ou o descubrimento de América por Cristovo Colón o 12 de outubro de 1492.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Historia (occidente) | ||||
Protohistoria | ||||
Idade Antiga | Antigüidade clásica | |||
Antigüidade tardía | ||||
Idade Media | Alta Idade Media | |||
Baixa Idade Media | ||||
Plena Idade Media | ||||
Crise da Idade Media | ||||
século XV | ||||
Idade Moderna | ||||
século XVI | ||||
século XVII | ||||
século XVIII | ||||
Idade Contemporánea | século XIX | |||
século XX | ||||
século XXI |
Así e todo, débese ter en conta que non se trata dun termo que suscite o consenso unánime da historiografía. Algúns especialistas usan este termo para referirse unicamente aos séculos XIV e XV, en que entraría en crise a sociedade medieval, sobre todo a partir das epidemias de Peste Negra. Eses especialistas usan o termo Plena Idade Media para referirse aos séculos XI, XII e XIII, en que a sociedade feudal coñecería o seu máximo desenvolvemento. Así mesmo, o termo, nun sentido estrito, aplícase unicamente á Europa cristiá, aínda que tamén pode servir para categorizar a historia dos territorios islámicos. Fóra destes territorios, o termo carece de sentido.