Baidu
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baidu, Inc. (百度公司) é unha empresa chinesa establecida o 18 de xaneiro de 2000 como unha compañía de servizos web con sede en Pequín[1]. Ofrece múltiples servizos, o máis recoñecible é o motor de busca en lingua chinesa para sitios web, ficheiros de son e imaxes, pero en total son 57 os servizos que ofrece, entre eles Baidu Baike, unha enciclopedia colaborativa en liña e en chinés[2]. Os seus fundadores foron Robin Li e Eric Xu que lograron convertela nun dos principais referentes de Internet, situando a Baidu na quinta posición mundial no índice Alexa[3]. Consonte a política de censura de Internet na China, Baidu filtra o material controvertido nos seus resultados, cunha longa lista de sitios webs bloqueados e temas censurados nas buscas de Baidu[4]. Baidu Japan non aplica a censura pero o sitio está bloqueado na China [5].
Baidu | |
---|---|
Tipo | negocio, motor de procura web, empresa, empresa de capital aberto e comunidade en liña |
Data de fundación | xaneiro de 2000 |
Fundador(es) | Robin Li |
Director/a | Robin Li |
Nº de empregados | 5.500 |
Organización subsidiaria | IQIYI |
País | República Popular da China |
Na rede | |
https://www.baidu.com/ e https://www.百度网站.中国 | |
[ editar datos en Wikidata ] |