Asociación para a Paz
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación para a Paz (en inglés Partnership for Peace, PfP) é un programa da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) destinado a estreitar as relacións da OTAN con outros estados europeos e a antiga Unión Soviética. Hoxe en día conta con 23 membros.[1]
Asociación para a Paz | |
---|---|
Acrónimo | PfP |
Tipo | asociación, organización intergobernamental e Cooperación |
Data de fundación | 1994 |
Sede | NATO Headquarters |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Foi unha iniciativa dos Estados Unidos na reunión de Ministros de Defensa da OTAN en Travemünde, Alemaña, nos días 20 e 21 de outubro de 1993, e formalmente aprobada do 10 ao 11 de xaneiro no cumio da organización de 1994 en Bruxelas, Bélxica.[2]
Dez Estados que eran membros (Bulgaria, República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia) desde entón, sumáronse á OTAN.
O 26 de abril de 1995 Malta pasou a ser membro da PfP,[3] pero retirouse o 27 de outubro de 1996 co fin de manter a súa seguridad intacta.[4] O 20 de marzo de 2008 Malta decidiu reactivar o seu acceso.[5] Este retorno foi aceptado pola OTAN no cumio de Bucarest do 3 de abril de 2008 .[6]
Durante o cumio da OTAN en Riga, o 29 de novembro de 2006 , Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Serbia foron convidadas e aceptaron sumarse á asociación.[7]