Antílope
From Wikipedia, the free encyclopedia
Antílope é o nome comúm que se aplica a numerosas especies de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos,[1] especialmente aos das subfamilias dos alcelafinos, antilopinos, cefalofinos e hipotraguinos, pero tamén aos doutras subfamilias próximas (e mesmo a algunhas das especies da subfamilia dos bovinos).
Todos eles caracerízanse polas súas formas esveltas, elegantes, con patas delgadas e cornos longos, arqueados, que viven nas estepas e sabanas de África e Asia, e incluso de Norteamérica (no caso de Antilocapra americana, chamado berrendo polos castelanfalantes), e tamén nos bosques e nos desertos, segundo as especies. O seu tamaño e o seu peso son variábeis, oscilando a súa lonxitude entre os 30 e os 40 cm e o seu peso, entre os 3 a 5 kg dos dicdics (xénero Madoqua) e os 3,80 m e 800 kg do eland do Cabo (Taurotragus oryx).
Os antílopes, como os outros ruminantes, aliméntanse de vexetais, especialmente de gramíneas. Prefiren adoito a herba verde, pero algúns non son exclusivamente herbívoros. e comen de cando en vez, ou mesmo prioritariamente, follas de arbustos.
Os antílopes descenden do Eotragus, que viviu na era secundaria,, no mioceno inferior e medio (hai de 20 a 14 millóns der anos) en Europa, Asia e África. De pequeno tamaño, corpo compacto e patas longas, e con cornos pequenos situados en posición vertical, lixeiramente curvados cara a atrás. O seu aspecto demallaría ao dos actuais duiqueros (xénero Cephalophus) ou talvez ao antílope anano (Neotragus pygmaeus).
As múltiplas variedades de ruminantes evolucionaron rapidamente. Numerosas especies xa desapareceron; todos os animais considerados hoxe como antílopes apareceron hai uns 2 millóns de anos.