Amir Khusrow
músico, poeta e estudoso indio sufí / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ab'ul Hasan Yamīn ud-Dīn Khusrau (persa: ابوالحسن یمین الدین خسرو, urdú: ابوالحسن یمینالدین خسرو), nado en Patiyali en 1253 e finado en Delhi en 1325, foi un músico, poeta e estudoso indio sufí coñecido como Amīr Khusrow Dehlavī. Foi unha figura icónica da historia cultural de Asia meridional. Foi un místico e discípulo espiritual de Nizamuddin Auliya de Delhi, India. Escribiu poesía principalmente en persa, mais tamén en hindustano. Un vocabulario en verso, o Ḳhāliq Bārī, que contén vocábulos en árabe, persa e hindustano adoita serlle atribuído.[1] Khusrow ás veces é chamado a "voz da India" ou o "papagaio da India" (Tuti-e-Hind), e foi chamado o "pai da literatura urdú".[2][3][4][5]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1253 Patiyali (pt) |
Morte | 27 de setembro de 1325 (71/72 anos) Delhi |
Lugar de sepultura | Tomb of Amir Khusro (en) |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor , filósofo , músico |
Xénero artístico | Ghazal |
Lingua | Árabe, lingua turca, lingua hindi, lingua persa e Lingua urdú |
Familia | |
Pais | Amir Saif ud-Din Mahmud (en) e Bibi Daulatnaz (en) |
Este artigo amosa letras persas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Khusrow é considerado o "pai do qawwali" (forma de música devocional dos sufís do subcontinente indio), e introduciu o estilo ghazal de cancións na India, ambas as formas aínda existentes na India e Paquistán.[6][7] Khusrow foi un experto en moitos estilos da poesía persa que se desenvolveron na Persia medieval, dende os qasidas de Khāqānī aos khamsas de Nizami. Empregou once esquemas métricos con 35 divisións diferentes. Escribiu en moitas formas de versos, incluíndo ghazal, masnavi, qata, rubai, do-baiti e tarkib-band. A súa contribución ao desenvolvemento do ghazal foi significativo.[8]