American Horror Story
serie de televisión antolóxica / From Wikipedia, the free encyclopedia
American Horror Story é unha serie de televisión de terror creada e producida por Ryan Murphy e Brad Falchuk. Descrita como unha serie antolóxica, cada temporada está concibida como unha miniserie autónoma que segue a un conxunto dispar de personaxes e escenarios, e unha historia co seu propio principio, nó e desenlace. Algúns elementos do argumento de cada tempada están vagamente inspirados en feitos reais.[4][5][6] Os únicos actores presentes en tódalas tempadas son Evan Peters e Sarah Paulson, xunto con Lily Rabe e Frances Conroy que aparecen en todas agás nunha tempada.
Formato | Terror Suspense erótico[1] Antolóxica Ficción sobrenatural Slasher Comedia negra Drama[2] |
---|---|
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | véxase o apartado American Horror Story |
Tema de apertura |
|
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 12 |
Episodios | 132 (Lista de episodios) |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) |
|
Cámara | Cámara única |
Duración | 37–73 minutos[3] |
Distribuidor | 20th Television |
Canle de orixe | FX |
Primeiro episodio | 5 de outubro de 2011 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
http://www.fxnetworks.com/shows/originals/ahs/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A primeira temporada da serie, logo retitulada como American Horror Story: Murder House, transcorre en 2011 e céntrase na historia da familia Harmon, que se muda de Boston aos Ánxeles a unha mansión encantada polos habitantes anteriores. A segunda temporada, titulada American Horror Story: Asylum, sitúase en 1964 e narra as historias dos pacientes dunha institución para criminais dementes. A terceira temporada titulada American Horror Story: Coven, takes place in Nova Orleáns, Luisiana, durante o ano 2013, e conta a historia dun aquelarre de bruxas que se enfronta a todos aqueles que as queren destruír. A cuarta tempada, subtitulada Freak Show, ten lugar en Jupiter, Florida, durante o ano 1952, céntrase nun dos poucos espectáculos dos horrores que quedan nos Estados Unidos. A quinta tempada, subtitulada Hotel, ten lugar nos Ánxeles, California, durante o ano 2015, e céntrase no persoal e nos residentes dun hotel sobrenatural. A sexta tempada, subtitulada Roanoke, ten lugar en Carolina do Norte entre os anos 2014–16, e céntrase nos eventos paranormais que ocorren nunha illada casa encantada polos mortos da colonia Roanoke. A sétima tempada, subtitulada Cult, ten lugar no suburbio fiticio de Brookfield Heights, Míchigan, durante o ano 2017, e céntrase nunha seita que aterroriza ós residentes despois das eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016. A oitava tempada, subtitulada Apocalypse, ten lugar na costa oeste durante o ano 2021, e conta a historia dos sobreviventes despois dun holocausto nuclear global.
A serie emítise a través da canle de televisión por cable FX nos Estados Unidos. O 3 de agosto de 2018, a serie foi confirmada para unha décima tempada.[7]
Malia que a recepción das diferentes tempadas foi variado, American Horror Story foi amplamente aclamado polos críticos de televisión, sendo especialmente eloxiado o elenco e as interpretacións, particularmente as de Jessica Lange, que gañou dous Premios Emmy, un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores. Kathy Bates e James Cromwell tamén gañaron cadanseu Premio Emmy polas súas actuacións, xunto con Lady Gaga que recibiu un Globo de Ouro. A serie mantén altos índices de audiencia para a canle FX network, sendo a primeira tempada a serie máis vista en televisión por cable de 2011.