A Rioxa
comunidade autónoma e provincia de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Rioxa[1][2][3] (en castelán: La Rioja) é unha comunidade autónoma do norte de España, uniprovincial e sen costa, atravesada polo río Ebro. Limita co País Vasco e Navarra ao norte, con Aragón ao leste e con Castela e León ao sur.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Himno | Himno da Rioxa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Capital | Logroño | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 319.796 (2021) (63,39 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 5.045 km² | ||||
Altitude | 1.074 m | ||||
Punto máis alto | Monte San Lorenzo (2.262 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Ebro (260 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1982 | ||||
Santo padrón | Virxe de Valvanera | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Goberno da Rioxa | ||||
• Presidente da Rioxa | Concha Andreu (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento da Rioxa , | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-RI e ES-LO | ||||
Código NUTS | ES23 | ||||
Código INE | 26 | ||||
Páxina web | larioja.org |
O topónimo procede do río Oja (na zona norte da comunidade), que nomea unha extensa comarca que ocupa boa parte da marxe dereita do Val do Ebro ao sopé do Sistema Ibérico. A Rioxa administrativa e comarcal non coinciden exactamente, xa que esta estrema co País Vasco, e non abrangue a parte montañosa da comunidade.
A súa poboación é de 317 501 habitantes, e a capital é Logroño, cidade duns 150 000 habitantes. Outras poboacións importantes son Calahorra, Arnedo, Haro e Alfaro.
A Rioxa é coñecida internacionalmente pola fama dos seus viños, cunha denominación de orixe estendida tamén polo sur de Áraba. Así mesmo é importante o Mosteiro de San Millán de la Cogolla, onde se atoparon os escritos máis antigos que se conservan tanto en lingua castelá como en lingua vasca.