Daniel Barata Quintas

político galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Daniel Barata Quintas, nado en Guillamil (Rairiz de Veiga) o 25 de decembro de 1943 e finado en Ourense o 31 de maio de 2023, foi un inspector de educación e político galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Daniel Barata Quintas
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1943
Rairiz de Veiga, España
Morte31 de maio de 2023 (79 anos)
Ourense, España
Actividade
Ocupaciónpolítico, inspector de educación
Pechar

Traxectoria

Estudou ciencias da educación. Exerceu como inspector de educación. Foi membro destacado de Coalición Galega e, tras a escisión desta, impulsada por Victorino Núñez, de Centristas de Galicia. Coa integración desta forza no Partido Popular en 1991, pasou a ser militante desta forza política.

Foi concelleiro en Ourense (1987-1989), deputado no Parlamento de Galicia (1990-2001), conselleiro de cultura e xuventude (1990-1993). Foi o único conselleiro de Centristas de Galicia no primeiro gabinete de Manuel Fraga Iribarne. Dende ese posto foi o responsable da macroexposición de arte galega Galicia no Tempo[1] dirixida por José Manuel García Iglesias (para a cal Milladoiro compuxo en 1991 unha obra en catro movementos) e da primeira gran restauración do mosteiro de San Martiño Pinario. Impulsou o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) dotando de maiores facultades á xerencia do mesmo a través da Lei 2/1991 de 14 de xaneiro.[2]

Conselleiro do Consello de Contas desde o 2000. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta membro do Consello Escolar de Galicia. En abril de 2010, demandou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo fixese un "esforzo de aproximación de posturas"[3] en relación á reforma do Decreto que regula o galego no ensino, que o devandito Consello rexeitou.

Finou en Ourense o 31 de maio de 2023.[4][5]

Recoñecementos

Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.