Óscar ó mellor filme de animación
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Oscar ó mellor filme de animación non foi creado ata 2001. Concretamente foi Shrek, no ano 2001, a fita que obtivo o primeiro Oscar nesta categoría. Con todo, iso non significa que Hollywood tivese completamente esquecida a animación ata ese momento. En 1938 outorgóuselle un premio especial a Walt Disney por Snow White and the Seven Dwarfs, por supoñer toda unha innovación no campo das longametraxes. E en 1995 concedéuselle outro premio especial a John Lasseter por Toy Story, o primeiro filme de longa duración creada completamente por ordenador.
Na táboa seguinte amósase a relación dos gañadores do Oscar á mellor película de animación desde as orixes dos premios ata a actualidade.